Camiño dos cogumelos.

En galego, gracias.

martes de megáfono: poesía de lombrices

Publicado en Camiño dos cogumelos. el 23 de Marzo, 2009, 0:35 por elarbolrojo

martes de megáfono: poesía claustrofóbica

Publicado en Camiño dos cogumelos. el 8 de Septiembre, 2008, 21:02 por elarbolrojo

cuentos viajeros

Publicado en Camiño dos cogumelos. el 19 de Julio, 2008, 14:07 por elarbolrojo



















"Cuentos viajeros para periquitos chismosos"
con Valentina Ortiz y Eva Cabo
Parque Ecológico Loreto y Peña Pobre
Av. San Fernando Num. 765
Colonia Peña Pobre
Metrobús Corregidora
Domingos 13, 20 y 27 de julio
12.00 hrs.

martes de megáfono: poesía espejo

Publicado en Camiño dos cogumelos. el 4 de Julio, 2008, 1:24 por elarbolrojo

praxe

Publicado en Camiño dos cogumelos. el 27 de Mayo, 2008, 13:47 por elarbolrojo


praxe

aneboa a túa boca na bóveda celeste
                                                                -ánforas e andrómenas-
máis alá de ti:
                           a memoria no alambique

¿Hai ogros na Lúa?

Publicado en Camiño dos cogumelos. el 8 de Agosto, 2006, 1:53 por Inari

Seguimos aquí.
Lémbronos. No Mesón do Forno de Lugo. Apurando o decorado da primeira posta en escena. "¿Hai ogros na Lúa?" Hainos. Hainos por todas partes. Choveron ogros, cochos, princesas, ornitorrincos, vacas, poetas, lunáticos, dragóns, lúas, tormentas, nanas, bruxas, cabaleiros...

Nunca choveu que non escampara.

Nunca escampou que non voltara chover.

Celtia por Lupe Bao

Publicado en Camiño dos cogumelos. el 6 de Agosto, 2006, 16:22 por Inari

Celtia 1996-2000

    

 O Grupo Literario Celtia naceu co obxectivo de intercambiar coñecementos e sentimentos sobre a literatura. Nun primeiro momento o grupo estaba conformado exclusivamente por alumnas e alumnos das facultades de Filoloxía Hispánica e Humanidades do Campus de Lugo (Esme Quiroga, Raquel López Cendán, Majo Gayoso, Álex Amor, Eva Cabo, Ana ————-, Elba ———- e Lupe López). A estructura era pechada, de feito o seu nome inicial era "Círculo Literario Celtia" e as súas actividades limitábanse ás tertulias semanais e ó intercambio de obras alleas e propias.
 Non tardaron en chegar os primeiros recitais e con eles as primeiras disensións internas. A maior parte dos compoñentes defendiamos a apertura do "círculo". Desta época datan as primeiras tertulias abertas, nas cales participaron Jorge de Vivero, Primitivo Iglesias, Darío Xohán Cabana, ———-. Esa necesidade de apertura e promoción literaria levounos a organiza-lo primeiro recital na Facultade de Humanidades (TÍTULO, DATA) promocionado entre o seu alumnado por Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco e Ángeles ———-, fideles apoios nestes primeiros momentos. Para daquela a participación dalgúns membros de Celtia en espectáculos teatrais da Aula de Teatro Universitaria e de Cacharrada Parda proporcionounos, por unha banda, novos membros (Guillermo———-, Rocío Bello, Irene———) e, por outra, unha concepción teatralizante e teatralizada dos recitais. A esta etapa pertence tamén a nosa primeira participación na Noite dos Tolos do Clavicembalo e o segundo recital na Universidade (—————-,———-), así como a primeira participación en actos de denuncia e compromiso social (Emo,———-,———-). Estes recitais amosáronnos unha regaña dentro do propio grupo que logo se vería como insalvable, provocada por diversas cuestións: a progresiva tendencia tetral dos recitais, a apertura definitiva do grupo,  o compromiso social...
 A pesares da diversidade e radicalidade das nosas posturas persoais ó respecto destas cuestións, somentes abandoaron o grupo dúas persoas. Pero foi dabondo para poder obter unha clara definición do grupo. Dentro das posibilidades de cada membro, os recitais teatralízanse definitivamente: se o obxectivo é a divulgación de tódolos xéneros literarios dentro de tódolos estratos sociais (esto amosa xa o noso compromiso social), o medio non pode ser outro. Por fin se abriu definitivamente o grupo: tódolos temas, tódalas artes, tódalas xentes tiñan cabida na nosa teima dunha arte total que forma parte de todo e da que todo forma parte. Nos recitais e nas tertulias comenzaron a aparecer  nov s compoñentes e "asociad s"  (Alberte———, Manuel Polo, María Quiroga, Miriam———¿??,...). Tal concepción do mundo e a arte conlevaba inevitablemente (aínda que con matices individuais) un explícito aínda que non definido compromiso político. Esta foi a etapa de maior colaboración con outro grupos e asociacións, así como a máis productiva tanto en creacións como en representacións. Estas colaboracións, unido á carencia de ofertas similares para unha cidade universitaria en expansión e á aparición da primeira Televisión de Lugo, popularizou ó Grupo e provocou unha demanda que nos chegou a resultar asfixiante por momentos. Desta etapa destacan recitais como_____________  


 O desgaste inevitable tempo, o uso (e o abuso), as idas e vidas d s compoñentes e as diverxencias propias dun grupo tan heteroxéneo como era Celtia aceleraron  a degradación e o cansancio da maior parte de nós, urxía unha refundación ou, como algúns críamos, unha eutanasia inmediata antes de ve-lo proxecto tan dexenerado que se convertise no contrario de si mesmo. O grupo, xa mermado, dividiuse definitivamente na Sega do 2000.