lupislázuli
Publicado en La palabra que sana. el 17 de Octubre, 2007, 23:46 por Inari
medrei roubeilles ás pedras o dereito a dicir tantas mentiras que escoitei tantas verdades que nunca me atrevín a berrar os
teus ollos gardan o xeito da terra triste cando se molla como outra
ínfima bágoa que esvara ó tempo que lixas outra ínfima vea esnaquizada
mil veces trona e eu atrónome cos nosos soños compartidos e o fascismo noxento que os empurrou bendígote por marchares e ogallá xa ninguén quede nesta ilusión murcha esfarelada neste baile de marcas mortas e cartos virtuais bendígote por ladráresme por craváresme os dentes nestas pernas que hoxe só percorren distancias abarcables |