Más de Estevo Creus Andrade.

Publicado en La palabra que sana. el 25 de Agosto, 2006, 13:42 por Inari

(I)

Unha muller que non coñecía
Quixo venderme trescentos buracos e un aroma.
Aquel día
Saqueille un peixe de debaixo do sombreiro
E metinllo por entre os ollos.

Que bonito
-dixo-
o día é moi bonito.

Agora xa hai anos que saímos
A visitar todas as pontes
E a tocarnos as estrelas

Que bonito
-dixo-
que bonito
é ver
como morren os xigantes
por debaixo das pontes
e non pasar de longo.