¿Hai ogros na Lúa?

Publicado en Camiño dos cogumelos. el 8 de Agosto, 2006, 1:53 por Inari

Seguimos aquí.
Lémbronos. No Mesón do Forno de Lugo. Apurando o decorado da primeira posta en escena. "¿Hai ogros na Lúa?" Hainos. Hainos por todas partes. Choveron ogros, cochos, princesas, ornitorrincos, vacas, poetas, lunáticos, dragóns, lúas, tormentas, nanas, bruxas, cabaleiros...

Nunca choveu que non escampara.

Nunca escampou que non voltara chover.