Estás como caída.
Estás como caída, depresión ou lobos azúis e lonxe esfragándose antigos.
Estás, amor, perdida, ledamente ensarillada en ti, ledamente acompasada á morte que se achega con tatuaxe de festa.
Estás, oh castiñeiro de vran, cobexando tropas de saltóns e chuchameles murchos.
Estás de ventre aberto e unha procesión de agres berros, volvoretas, arrótanche as entrañas e os adentros sen luz.
Estás, fuxinte, eiquí e non estás porque sábe-lo arte de seres simultánea e agallopar cos ollos os teus trigos nativos poderosamente ateigada de sol e de mapoulas.
Estás en min, coma quen ten, sin nome, un melro ou un fouciño pra conqueri-los días nos que ti non estás, nos que ti non estás, nos que ti non estás.
De Con pólvora e magnolias
|